A.E.NO.R · ASOCIACIÓN
Que é AENOR
Obxectivo fundacional
Órganos de goberno
Departamentos
Asociarse
Benvido á web de A.E.NO.R.
Con estas páxinas, pomos a disposición dos cidadáns e das empresas locais un instrumento más de información e servizos.
Esta nova canle de comunicación, a través de Internet, pretende unha relación más fluída cos empresarios, ofrecéndolles información dos servizos da Asociación, ademáis de actividades, programas de seguimento, actuacións..., encamiñadas a mellorar o benestar social e económico das nosas xentes. Ademais queremos dar a oportunidade aos visitantes desta página web de coñecer o noso Concello, rico en arte, beleza, historia, gastronomía... e cun futuro esperanzador. Esta é a nosa pretensión, que se fale e coñeza Nogueira. Que a nosa Asociación sexa unha asociación viva e preocupada polos nosos pobos, polo seu futuro e polo seu progreso. Como presidente de A.E.NO.R., no meu nome, no da Directiva e no de toda a empresa benvidos de novo, e pómonos a disposición dos visitantes para aceptar todas as suxestións ou comentarios sobre as vosas inquietudes. |
Obxectivo Fundacional
Consecución do Parque Empresarial de Nogueira de Ramuín.
- "Nogueira de Ramuín ten unha potencialidade importante que pode contribuir ó propio desenrolo de Galicia que non debe ser desaproveitada. Dende A.E.NO.R. defendemos que é preciso invertir na zona reciba o impulso que merece"
- "Nogueira de Ramuín ten una rede empresarial e comercial considerable que posta en valor de maneira axeitada convirtirase nun polo de empuxe e desenrolo dentro das comarcas con mais potencialidade de Galicia"
- " É preciso crear sinerxias competitivas e transmisión do coñecemento nesta nova era da Sociedade da informacion. Imos promover foros e reunións para lograr estos obxectivos"
- "É una obriga fundamental da asociación conseguir que os seus asociados medren, por isto nada mellor que agruparse para aproveitar os recursos de Nogueira de Ramuín"
- "Dende esta directiva imos poñernos en contacto cos representantes das diferentes administracións para pedirlles e esixirlles a súa colaboración e apoio en programas de dinamización da economía local"
Órganos de goberno
"Esta dirección ponse a disposición dos asociados para promover a colaboración entre
os empresarios de Nogueira de Ramuín e contribuir ó crecemento da economía da zona"
os empresarios de Nogueira de Ramuín e contribuir ó crecemento da economía da zona"
Departamentos
A.E.NO.R. pon a disposición de toda a empresa asociada unha estrutura de servizos especializada, dividida en áreas departamentais:
- Desarrollo técnológico, web e internet
- Departamento Xurídico / Laboral.
- Departamento Fiscal.
- Departamento de Axudas e Subvencións.
- Departamento de Formación, ten como función a análise e estudo das necesidades formativas, a Planificación da oferta formativa e a organización e xestión das actividades correspondente á súa área de actuación.
- Departamento de Prevención de Riscos: información e Asesoramento sobre Prevención de Riscos Laborais na empresa, publicación da nova normativa neste ámbito e promoción da seguridade laboral.
- Departamento de Servizos Xerais: ocúpase da promoción da asociación (afiliación, altas, control de datos) do réxime administrativo e económico da asociación.
- Comunicación e prensa: ocúpase da comunicación interna e externa da asociación, das relacións cos medios de comunicación e da apertura de canles de información para e entre os asociados.